jueves, 16 de febrero de 2006

¡¡¡CAMPIÓNS!!!



Incrible. Simplemente impresionante: O Lobelle, en 4 días máxicos, conquistou en Zaragoza (ironías da vida: foi curiosamente o conxunto maño quen eliminara os composteláns na Copa que disputaron en casa) o seu primeiro título estatal, e por ende, o primeiro título deste calibre para Galiza (co permiso da Recopa azkarista, dun nivel claramente inferior ainda que tan significativo por ser o primeiro título para o noso país).
E non foi casualidade, nin sorte. Ninguén pode apelar a eso. O Lobelle gañou en Zaragoza por moitas razóns, pero todas elas derivan nunha: foi o millor, e mereceuno por méritos propios. E, pese a que non contaba en ningunha aposta, conseguiu ir pasando, ronda a ronda, por riba dos 3 mellores equipos da liga pra facerse co finalmente có título. Pasando por riba dos mellores equipos da liga, digo, por que o millor da Copa foi o Lobelle.
As claves da Copa son tan simples coma numerosas: o estado de gracia de Ciço, determinante con 7 goles (mais un na tanda de penalties da final), un Toni (coma sempre) inconmensurable, un bloque compacto, unha concentración envidiable, unha defensa férrea, unha ilusión incomparable... pero sobretodo, Venancio. O entrenador bilbaíno fixo de este equipo un equipo campión, leeu os tempos de cada un dos partidos de modo impresionante, mostrou valentía e mesura, e deixou claro que é, hoxe por hoxe (e xa son anos dicindo esto) o millor entrenador da liga española e, por ende, do mundo.

1/4 de Final: O Lobelle barre ao Polaris cun gran Ciço e avisa do seu potencial.
LOBELLE DE SANTIAGO 7-4 POLARIS WORLD CARTAGENA
Imagen

Impresionante Lobelle o que se viu onte no Pavillón Príncipe Felipe de Zaragoza, no 2º cuarto de final da Copa de España. O Lobelle barreu da pista ao Polaris World Cartaxena, un equipo co triple de presuposto ca os composteláns pero que foi superado dende o primeiro ate o derradeiro minuto do partido.
As cousas non podían comezar millor pra os composteláns: antes de cumplirse o minuto 1, Ciço (xogador propiedade, curiosamente, do Polaris, aínda que cedido ao Lobelle ate 2008, e que onte se erixiría en protagonista absoluto do partido) marcaba o primeiro tanto para o Lobelle o aproveitar un erro de Cristian. Sen embargo, o gol non variaria nun primeiro momento o guión preestablecido: o partido comezaba moi aberto, cos dous equipos volcados nun partido de ida e volta. Sen embargo, o Lobelle ía facendose pouco a pouco co partido, o Polaris non conseguía coectar no xogo colectivo e tivo que ser nunha xogada individual de Simi, un disparo lonxano que batía a Toni. O partido non semellaba ben: o Lobelle, co partido recén igualado, tiña 3 faltas por ningunha dos murcianos, o que fixo que baixasen a intensidade defensiva. Enton deuse un momento clave: Venancio, a falta de 10 minutos, pide tempo morto e indica os seus xogadores que quere unha maior presión defensiva. Os lobellistas levaron a cabo esto, desgastanto ao Polaris e non permitindolle xogar, e sen facer apenas faltas. O Lobelle domiñaba agora con claridade e froito desto poñíase por diante, cun novo gol de Ciço a salida de un corner, de novo tras un erro de Cristian, anotaba o segundo gol. Corría o minuto 12, e faltaban 6 minutos para o momento máis decisivo do partido: no 18 Ciço consegue o seu 3º gol dun forte lanzamento de falta, e apenas uns segundos despois, Serpa manda un cabezazo a escuadra de Cristian que supón o 4-1 para o Lobelle, resultado co que se chegaría ao descanso.
No segundo tempo o Polaris saíria a buscar o tanto que os acercara a semifinais, pero o Lobelle saiu moi ben plantado, nun partido tremendamente serio e saíndo con perigo ao contragolpe. O resultado non se movería grazas a un Lobelle que entregaba a bola ao Polaris pero controlaba perfectamente os tempos do partido. E cando a defensa faiaba, Toni Lodeiro o paraba todo. Foi no 33 cando Sergio, nunha xogada de velocidade, conseguía recurtar distancias. Pero o Lobelle non baixaría a guardia e non se descompoñería en ningun momento, para sentenciar no minuto 38 cunha gran xogada de Alemao que Danieli converte no 5-2. A raíz de ahí, o porteiro-xogador de Polaris provocou un intercambio de goles que deixaría o marcador final de 7-4 e a Ciço con 5 goles no seu casilleiro persoal.

Semifinais: Victoria na prórroga ante ElPozo, e pase a final
LOBELLE DE SANTIAGO 3-2 ELPOZO MURCIA TURÍSTICA
Imagen

Pouco que ver tivo o partido ante ElPozo co xogado apenas dous días antes. Os murcianos conseguiran o seu pase, ao igual ca o Lobelle, con menos dificultades das previstas, e na cancha do Príncipe Felipe enfrontabanse as dúas mellores defensas da liga, e tamén as máis agresivas. Coa máxima ilusión e as ganas, sen embargo, todo o partido estivo marcado por un respeto absoluto polo rival en ámbolosdous casos e deuse sobre o parquet un deses partidos estranos pero intensísimo, que Venancio considerou, ao remate do encontro, coma o millor dos 17 amos de historia da LNFS.
O partido comezaba cun ElPozo que conseguía manter a posesión do balón. Sen embargo non era quen de converter esta posesión en ocasións manifiestas de gol. Enfrente estaba unha defensa lobellista que, igual que afofara ao Polaris o día anterior, era quen de novo de defender con contundencia e moito orden sen renunciar ao ataque: froito desto, nos contragolepes do Lobelle chegaban as ocasións máis claras do partido (que pese a dispoñer de menos posesión realizou moitas máis accións de perigo sobre a meta dun impresionante Juanjo: 7 lanzamentos a porta no primeiro tempo por só 2 dos charcuteiros). Pouco a pouco os composteláns ían gañando terreo e dispoñendo de ocasións máis claras, pero Juanjo mantivo a portería a cero de modo case milagroso. Nunha das ocasións, os árbitros comíanse unhas claras mans de Kike dentro da area. E cando o partido xa encaraba o descanso e parecía que o marcador non se movería, Vinicius (que dispoñía no minuto 15 de un dobre penalti que paraba Toni) anotaba á media volta tras un saque de banda. Xa so remataban 50 segundos para o fin do primeiro tempo, nos que non se movería o marcador.
No segundo tempo o partido resultou moitísimo máis vivo, máis vistoso para o espectador, pero con menos orde. O Lobelle adiantaba a defensa e corría nun primeiro momento máis riscos, pero a medida que ían pasando os minutos o corazón pesaba máis que a cabeza, propulsando un xogo tolo cun ritmo estrano, que parecía perxudicar a un Lobelle que fixera da orde e do bloque a súa mellor baza. Non en vano, ElPozo non se descompuxo, rezagouse moi ben e creou moito perigo, máis que o Lobelle, na area rival, pero as veces a súa falta de acerto e, as máis das veces, un excepcional Toni Lodeiro impedía que chegse a sentencia. Non obstante, o tempo ía pasando e o partido semellaba cada vez máis feo para o Lobelle. A falta de tres minutos Venancio Lopez decidía arriscar e sacaba a Ciço de porteiro-xogador. O Lobelle daba unha lección de coma utilizar esta táctica: os 10 segundos Miguel dispoñía dun un para un que salvou Juanjo, e os 20, Betao conseguía tras unha gran circulación da bola o empate. Antes de todo isto, quedaron dúas accións para a polémica; unha acción deportiva de Fran Serrejón, que lanzou o balón fora cando se ían en un 3 para 1 por mor de que Miguel doíase no chan, e un claro penalti sobre Betao. Volvemos ao partido, xa co 1-1, ElPozo busca insistentemente nos dous minutos restantes o gol, pero Toni convertíase no indudable heroe do partido (ademáis, Baccaro lanzaba ó pau un balón xa coa portería baleira).
O Lobelle chegaba mellor anímicamente á prórroga e demostrabao pronto: aínda que a primeira ocasión clara era dos murcianos, aos 2 minutos transcurridos Serpa consegue un gol a media volta demostrando toda a súa clase. Faltaban 3 minutos e o Lobelle víase cerca, pero ElPozo estaba disposto a sacar toda a súa artillería pesada: nada máis chegar este gol Duda pon a Wilde coma porteiro-xogador. As opcións de empate sucedense pero entre unha moi ordeada defensa e un impresionante Toni salvavan unha e outra vez a situación. A falta de 1:38 Miguel consegue roubar un balón a Wilde e este vese na obriga de facerlle falta para evita-lo gol. O Dobre Penalti era anotado de novo por Marcelo Serpa, que abría brecha. Nin así se rendiu o ElPozo, e nin así remataro os nervios; a 62 segundos do final Cobeta anotaba o 3-2, pero xa non habería tempo para máis: o Lobelle aseguraba, por segundo ano consecutivo, presenza galega na final.

Final: Un histórico Lobelle rompe a hexemonía do Boomerang
LOBELLE DE SANTIAGO 2(5) - 2(4) BOOMERANG INTERVIÚ

Imagen

Nada parecía xogar a prol do Lobelle de cara a final: Enfrente íase encontrar co mellor equipo do mundo, chegaba físicamente exausto, e o seu rival menos (grazas a maior rotación e ao seu nulo desgaste no primeiro partido, que saldou cun cómodo 7-3 ante o anfitrión DKV Zaragoza), e a falta de experiencia dos composteláns nestas citas. Sen embargo, algo xogaba ao seu favor: a ilusión e a motivación do Lobelle, clave para chegar ata aquí, non fixera senón crecer e, sen dúbida, o equipo era plenamene consciente das súas posibilidades de traer a Copa cara Santiago.
E quedou claro dende o primeiro minuto: ambos equipos saían a polo partido descaradamente e sen medos, se ben o Lobelle saía con maior respeto polo rival, que se baseaba na xa comentada axustadísima defensa e perigosas saídas ao contragolpe. Nas ocasións que os verdes conseguían superalas, sempre aparecía un (tamén comentado) excelente Toni Lodeiro para atallalas. Pero non tardou en verse o Lobelle cun novo factor en contra: Aos dez minutos, o Lobelle acumulaba xa 5 faltas no electrónico. O Lobelle non se acongoxaba ante esto, pero si reaxustaba e atrasaba as súas lineas, realizando unha defensa menos agresiva e asegurandose non cometer a 6ª falta. O Lobelle conseguiríao, como conseguía, a só 57 segundos para o descanso, adiantarse no marcador, logo de que Ciço aproveitase un roubo de Danieli en primeira liña de ataque para fusilar a Luis Amado. Sen embargo, non durou demasiado a alegría: 11 segundos despois do gol lobellista, Luis conseguía aproveitar un desaxuste para batir a Toni, nun balón que Daniel só tivo que empuxar no segundo pau para asegurarse o tanto.
Non cambiou a tónica do partido no segundo tempo: o Boomerang Interviú semellaba máis cerca da victoria pero o Lobelle en ningun momento semellou fora do partido. O intercambio de ocasións era constante e sen resultados ate que, no minuto 15, Alemao rouba un balón no centro do campo e o lanza arriba cara Ciço, creando unha ocasión de 2 para 1 que este e Betao arranxan cunha explendida parede que o xoven brasileiro convertía no seu 7º gol do torneo. Desta ves a resposta do Boomerang non foi inmediata. O Lobelle seguía plenamente metido no partido pero a insistencia do Boomerang facía perigo constantemente. Non chegou, sen embargo, o gol ata o minuto 12 do segundo, cando Schumacher convertía un desaxuste na defensa no rechace dun corner no 2-2. O gol levantou a moral dos verdes que foron con todo a polo partido, pero unha vez máis Toni Lodeiro conseguía detelo todo, e pouco a pouco foi mermando psicolóxicamente aos atacantes madrileños. O marcador xa non variaría, nin no segundo tempo, nin na prórroga tampouco. Os penalties decidirían ao Campión da XVII Copa de España.
Cunha tensión que se podía marcar, o sorteo decidiu que fose o Boomerang o que comezase lanzando. Marquinho e Betao marcaban os primeiros, pero Toni Lodeiro é quen de parar o lanzamento de Daniel. Ciço non erra. O Lobelle encontrase ante a súa primeira oportunidade: Si o Interviú non marca, ou o Lobelle si o fai, campión. Pero non (aínda): Toni toca o lanzamento de Schumacher pero non o pode deter, e Luis Amado detén o de Cesar. Neto e Danieli lanzan con éxito. Toca o turno dos porteiros: Luis Amado lanza o seu por riba da porta. Toni consegue mandalo entre os 3 paus, pero o lanzamento é detido por Luis Amado. Segunda oportunidade. Aínda non. Luis marca nun penalti que Toni está a ventímetros de deter e Alemao marca sobrado o 4-4 na tanda. No 7º lanzamento chegaría a terceira opción: Toni detén o lanzamento de Andreu. E por un momento, mesmo pareceu que os erros anteriores foron planeados. Nada mellor que un home "da casa" para cerrar a historia máis brillante do Lobelle. O galego Pitu conseguía bater a Luis Amado. A terceira foi a vencia. LOBELLE CAMPIÓN!!!!

Añadir comentario