domingo, 18 de junio de 2006
Compostela, capital... pra todos

26 anos!!!!!!!!!!!!!!!!
Esos eran os que levaba o alcalde da Coruña sen aceptar, ou poñendo en entredito (de modo oficial incluso, lembramos que chegou a abandoar o Parlamento Galego por este motivo) a capitalidade de Santiago de Compostela. 26 anos despois Galiza ten unha capital (tecnicamente, de feito, Galiza non foi por lei Capital: o que foi é designada coma "sede das institucións autonómicas" debido precisamente a polémica coa Coruña. Capital resultaba, naquel momento, unha palabra tabú, e optouse por usar sinónimos. Paco Vazquez sempre se referiu a Compostela coma tal, evitando a palabra do agravio e da -para él- deshonra) e esta é aceptada, senón por tódolos galegos, si por todas as institucións da nosa terra. Onte, no Parlamento Galego, o actual alcalde da Coruña aceptaba a capitalidade de Compostela e rematar dunha maldita vez con esta guerra constante.
É triste, moi triste que a estas alturas estemos lendo esta nova. Unha desas cousas que noutras partes non se dan.
Ogallá esto sirva para comezar a deixar de lado os localismos e que todos (e isto vai por nos, composteláns, coruñeses e vigueses, que sempre estamos a toca-lo carallo cando debían ser as 3 cidades que tirasen do país). Aomellor o fin do coruñesismo (case sempre antigaleguista) é un avance cara o fin dos localismos que nos rodean e unha maior conciencia de país.
Felicidades o señor Losada, por aceptar a realidade e, como dí Luis Pérez, reconciliar con este xesto, en certo modo, a cidade herculina con Galiza. Iso si, cando se entere Paco, dende o Vaticano, do que dixo, de tan alta traizón... :P

